A fase 0+A é por onde empeza calqueira proxecto espacial: A fase de desenvolvemento de concepto. Nesta fase establécense os obxectivos da misión e analízase a viabilidade do proxecto. Tamén se identifican todas as actividades necesarias para cumplir a misión.
Na fase B realízanse as análises preliminares, propóñense diferentes conceptos de sistema que poden cumplir os obxectivos e analízanse os seus puntos fortes e débiles, e selecciónanse os máis adecuados.
A fase C céntrase no deseño pormenorizado de todos os compoñentes do satélite, todos os subsistemas traballan en paralelo para desenvolver un sistema capaz de cumprir todos os obxectivos da misión establecidos nas primeiras fases.
A fase D consiste en fabricar o sistema dacordo co deseño final, verificar que o modelo se adecúa ao deseño e realizar as probas (vibracións, termovacío…) para asegurar que o satélite cumpre con todos os estándares e pode sobrevivir ao lanzamento.
Lanzamento! A fase E é a fase de operación. Nesta fase é cando se lanza o satélite á súa órbita obxectivo, obtéñense os datos dos sensores e execútase a misión. En misións de CubeSats a duración soe estar determinada principalmente pola órbita do satélite, que limita a duración entre 9 meses e 2 anos.